A progresista asociación de estudantes IESGA manifestou a través dun comunicado de prensa a súa desconformidade coa suba de taxas de matrícula universitaria para o curso 2007/08. A suba será dun 4% xeral respecto do último ano en primeira matrícula, un 15% na segunda, un 35% na terceira e un 50% na cuarta, quinta e sexta matrícula.
A coordinadora da asociación, Azucena Rodríguez, manifestou “o noso desacordo con esta suba que consideramos non só abusiva, senón tamén manifestamente inxusta para o estudantado”. Entenden dende IESGA que “nun sistema universitario coma o galego, inmerso no proceso de Boloña, no que se fomenta a responsabilidade do alumnado e profesorado no proceso de ensinanza-aprendizaxe, non se pode penalizar exclusivamente o alumnado cun incremento en segundas matrículas e posteriores de ata un 50%”.
Rodríguez tamén falou de que non se está tendo en conta a responsabilidade do profesorado, así, manifestou “semella un castigo moi esaxerado para o alumno ou alumna que suspende, sen ter en conta a responsabilidade do profesorado nestes suspensos”, e animou á Consellería de Educación a avaliar tamén a calidade do profesorado. ”Esta penalización que sofre o alumnado non é a sufrida polo profesorado cando nas avaliacións de calidade resultan estar moi por debaixo do que sería desexable”.
Ademais, segundo sinala a coordinadora de IESGA “o incremento das taxas de matrícula universitaria que non vai parello ao incremento de bolsas ou da mellora da calidade do sistema, non é dende logo unha medida de xustiza social. As taxas de matrícula non se establecen en función da renda anual, senón que son iguais para todos; aplícase o concepto de igualdade, pero déixase fóra o concepto de equidade no que o reparto se fai en función das necesidades e posibilidades”.
Para Azucena Rodríguez “esta medida semella o comezo dun camiño de volta a unha universidade de elite, universidade á que só poden acceder ou permanecer nela aqueles que dispoñen de maiores posibilidades económicas”. “Dende logo non é o que se espera dun goberno que se denomina progresista”, engadiu.
Rodríguez tamén criticou que non se contactase cos estudantes á hora de fixar a suba de taxas, ”Formamos parte da universidade igual que os outros sectores e non entendemos que non se nos consulte unha medida de tanto calado para o estudantado” manifestou.
Bajo el título Voluntarios de Argentina en la Guerra Civil Española se presentó un libro en el Museo de la Emigración Gallega en Buenos Aires en el que se recogen historias de voluntarios que se enrolaron en el ejército republicano y en las brigadas internacionales durante la contienda española.

