O Vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, presidiu na sede da Fundación Caixa Galicia en Santiago a presentación do libro De provincia a nación. Historia do galeguismo político, de Justo Beramendi e editado por Xerais. Quintana asegurou que o repaso histórico que fai o profesor Beramendi nesta obra “coloca ante nós unha historia pragada de éxitos e de fracasos, pero nunca en termos de configuración conceptual o nacionalismo estivo tan ben coma hoxe”. Ademais do autor do libro e o vicepresidente da Xunta, á presentación asistiron o presidente da Real Academia Galega, Xosé Ramón Barreiro; o director de Edicións Xerais, Manuel Bragado; e o responsable da Fundación Caixa Galicia.
Quintana destacou que este libro é unha obra “de rabiosa actualidade” e unha “boa explicación do devir histórico do nacionalismo”. Ao respecto da situación actual, o vicepresidente sinalou que non hai movemento nacionalista que non teña o exercicio do dereito de autodeterminación como base final do seu pensamento, “polo que a labor do nacionalismo galego non poderá rematar ata conseguir o exercicio dese dereito, e aínda así seguirá aí”.
O vicepresidente da Xunta destacou ademais a presenza por primeira vez do nacionalismo galego no Goberno do país, e sinalou que isto ten que servir “para vacinar ao nacionalismo dos males do elitismo e coma un instrumento para abrir portas e derrubar muros, o primeiro instrumento para a consecución da nosa soberanía política”, concluíu Quintana.
Los datos de la última Encuesta sobre Equipamiento y Uso de Tecnologías de la Información y la Comunicación en los hogares 2008 publicada por el Instituto Nacional de Estadística (INE), y recogidos por Europa Press, reflejan que el 60,7% de los niños gallegos tiene teléfono móvil. Galicia es la segunda comunidad española con menor porcentaje de niños que usan móvil.
La Academia Galega da Língua Portuguesa (AGLP), inaugurada en Santiago de Compostela, nace con la vocación de "concienciar a la sociedad" del carácter "lusófono" del idioma gallego, que fue calificado de "forma de portugués". El presidente de la AGLP, José-Martinho Montero calificó el gallego como "Portugués de Galicia".

