Notas de prensa

Pesca aposta pola colaboración con Nagasaki no ámbito de repoboación mariña e novas técnicas de procesado

A conselleira seguiu de preto a poxa realizada na segunda lonxa máis importante de Xapón atendendo ao valor da produción. Co percorrido de hoxe pon fin á viaxe oficial que a levou ao país do sol nacente, onde recolleu o testigo do X Foro España-Xapón que o vindeiro ano celebrarase en Santiago de Compostela.

A Conselleira de Pesca e Asuntos Marítimos, Carmen Gallego Calvar, finalizou a súa viaxe oficial a Xapón con sendas visitas á lonxa de Nagasaki e ao Instituto de Recursos Pesqueiros da Prefectura desta cidade. Deste xeito, conclúe este desprazamento ao país asiático, no que a Conselleira participou no X Foro España-Xapón e onde recolleu o testigo deste encontro que se celebrará o vindeiro ano en Santiago de Compostela.

Carmen Gallego visitou o mercado da pesca de Nagasaki (a lonxa) acompañada polo director do centro do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) en Tokio, Pedro Gallego, e a subdirectora do mesmo centro, Nashué Arai. A visita foi guiada polo xerente da empresa que xestiona esta lonxa, a segundo máis importante do país nipón en valor da produción e a oitava en volume de produto descargado. Durante a visita, tiveron a oportunidade de asistir ás diferentes poxas que, a diferencia das rulas da nosa comunidade, se realizan á alza.

Así mesmo, chamou a atención da delegación galega que as especies máis presentes e á vez máis valoradas polos compradores son aquelas que se empregan para o seu consumo en cru (por exemplo para o Sushi ou o Sashimi). Ademais, aínda que se trata dun mercado moi tradicional, dende estas instalacións distribúense peixes frescos a todo Xapón.

Por outra banda, Carmen Gallego e os seus acompañantes coñeceron tamén no día de hoxe o Instituto de Recursos Mariños da Prefectura de Nagasaki. Este centro traballa, sobre todo, no eido da investigación vencellada á repoboación, as novas técnicas de procesado aplicadas ao sector e á acuicultura.

Nesta visita, a titular de Pesca foi recibida polo director do Instituto, Shuji Ikeda, e polos responsables dos diferentes departamentos de investigación que conforman o centro. Tras coñecer o traballo destes investigadores, Carmen Gallego manifestou o interese do seu departamento polos estudos que están desenvolvendo sobre repoboación mariña, eido no que os investigadores xaponeses están a traballar con moitas especies e acadando resultados moi parecidos aos que Galicia está a conseguir coas accións de repoboación realizadas no seu litoral. Ademais, visitou os laboratorios de análise de biotoxinas, así como a planta piloto de novas técnicas de procesado dos produtos do mar e o criadeiro de alevíns.

A Conselleira finalizou o percorrido polas instalacións agradecendo aos representantes do Instituto de Recursos Mariños da Prefectura de Nagasaki por tela recibido e convidándoos a unha posible colaboración futura para o intercambio de coñecementos nestas especialidades de investigación nas que, tanto Galicia como Xapón, teñen especial interese.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos da Xunta de Galicia, 2007-10-24

Actualidad

Foto del resto de noticias (ciudad_cultura_torres_1.jpg) La Consellería de Cultura e Deporte de la Xunta de Galicia confía en que el congreso internacional Lugares de Cultura. Creatividade para o desenvolvemento, previsto entre el 21 y el 24 de enero, se aproveche para entrender las potenciales que puede tener el complejo del Monte Gaiás como lugar de cultura.
Foto de la tercera plana (usc_homenaje_voces_ceibes_p.jpg) Así calificaba el vicecerrector de la USC Elías Torres la aportación de Voces Ceibes al panorama músico-social de la época que ahora se rememora a través de un concierto-homenaje de su 40 aniversario.

Notas

A Rede Neurona está formada por 17 plataformas tecnolóxicas sectoriais e agrupa a máis de mil empresas dos principais sectores da economía galega. Enténdese como un exemplo na implantación da innovación exportable a outras rexións.
Punta Arnela convírtese nun ruxe-ruxe de motores xa que alí vai ter lugar a 14º edición do Slálom Fimo, última das probas destas características patrocinada polo Concello e organizada pola Escudería Automobilística Ferrol do ano.

Editorial

Algo falla en Internet: En Galicia algo falla cando en Internet retrocedemos en lugar de avanzar. ...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información