Notas de prensa

Gardacostas de Pesca fan un simulacro de salvamento marítimo preto das Illas Cíes

Nesta actividade tamén interviu o remolcador “Ibaizabal Tres”, pertencente a Salvamento Marítimo. O adestramento foi seguido de preto por representantes de empresas operadoras de helicópteros de toda Europa que están participando nunha convención en Vigo.

O helicóptero Pesca 1 do Servizo de Gardacostas da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos participou nun exercicio de adestramento de salvamento marítimo en augas próximas ás Illas Cíes, nas inmediacións do Parque Nacional das Illas Atlánticas. O devandito exercicio foi realizado de forma conxunta entre o Pesca 1 e o remolcador “Ibaizabal Tres”, da Sociedade Estatal de Salvamento Marítimo (Sasemar).

Esta actividade de salvamento foi seguida de preto por varios representantes de empresas operadoras de helicópteros de toda Europa, que están participando estes días nunha convención que se celebra en Vigo. Esta conferencia está organizada por “Goodrich Corporation”, unha entidade mercantil francesa que fabrica as grúas coas que conta o Pesca 1.

O exercicio realizado onte enmárcase na cooperación que de xeito habitual vén desenvolvendo o Servizo de Gardacostas con outras administracións, entre as que se atopan, ademais de Salvamento Marítimo, a Garda Civil, o Ministerio de Pesca ou a Consellería de Traballo. Neste eido, cabe sinalar que de forma periódica tamén se realizan actividades de adestramento de loita contra a contaminación co obxectivo de comprobar o bo funcionamento dos equipos, así como para especializar ao persoal no emprego dos medios para a loita contra a contaminación no mar.

Outras actuacións do Servizo de Gardacostas

Por outra banda, os axentes do Servizo de Gardacostas comisaron onte pola tarde, na localidade coruñesa de O Freixo, 240 quilos de berberecho localizados no interior dun camión sen ningún tipo de documentación. O marisco incautado foi sementado nos bancos marisqueiros da zona.

Esta intervención súmase á desenvolvida o martes desta semana, cando a actuación conxunta do Servizo de Gardacostas e a Policía Nacional posibilitou a incautación de 11 embarcacións empregadas no marisqueo furtivo na Ría do Burgo. As embarcacións, que non tiñan nin nome nin folio, xa foran detectadas nalgunha ocasión por efectivos de Gardacostas levando a cabo traballos de extracción de marisco na ría coruñesa sen contar coa preceptiva autorización.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos da Xunta de Galicia, 2007-10-18

Actualidad

Foto del resto de noticias (reyes_magos_carroza_melchor.jpg) Las cuatro provincias gallegas celebran la festividad de Reyes. Melchor, Gaspar y Baltasar, gracias a su "mágico talento", visitaron simultáneamente los pueblos y las ciudades de A Coruña, Ourense, Lugo y Pontevedra, repartiendo ilusión, caramelos y regalos entre los niños.
Foto de la tercera plana (lolita_portada_madre.jpg) Lolita, Pitingo -con su espectáculo Soulería- o Niña Pastori son algunos de los artistas que actuarán este año en A Coruña dentro de la programación cultural que ofertará Caixa Galicia en el Teatro Colón. Esta programación incluirá desde música y danza hasta un ciclo de zarzuelas, teatro, cine infantil y el espectáculo El Libro de la Selva.

Notas

Os artesáns e obradoiros artesáns interesados en participar deberán presentar as súas candidaturas entre o 1 e o 18 de abril de 2009 na Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño.
A USC, a través desta oficina, coordina o aloxamento en familias compostelás dos estudantes extranxeiros que participan nos cursos internacionais tanto en verán coma no resto do ano.
AGENDA
Agenda de Galicia Digital
BUSCADOR


Editorial

Matrimonios de conveniencia: O matrimonio libre entre dúas persoas, legal e materialmente, é o froito dun...
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información