O P.E.N Clube de Escritores de Galicia e a Federación de Asociacións da Prensa de Galicia (FAPG) asinaron un convenio marco de colaboración na sede do Club Internacional de Prensa de Santiago de Compostela.
O acordo ten como finalidade primordial a colaboración conxunta entre ambos colectivos para promover actividades como a creación dun premio de xornalismo literario e a celebración dun coloquio anual para profundizar na problemática de xornalistas e creadores literarios, coincidentes en moitas ocasións. Asemade tentarán interceder diante dos poderes públicos e a Administración para incluir a Galicia como terra de asilo para xornalistas e escritores presos, ou perseguidos, por defender a liberdade de expresión nos seus respectivos países. Para elo terase en conta informes de entidades de prestixio como o comité internacional do PEN, Amnesty International, Reporteiros sen Fronteiras e a International Federation of Journalists.
Asinaron o convenio marco, que terá vixencia anual prorrogable e unha comisión de seguimento, os presidentes do PEN Clube galego e da FAPG, Luís González Tosar e Manuel González Menéndez, respectivamente.
Las cuatro provincias gallegas celebran la festividad de Reyes. Melchor, Gaspar y Baltasar, gracias a su "mágico talento", visitaron simultáneamente los pueblos y las ciudades de A Coruña, Ourense, Lugo y Pontevedra, repartiendo ilusión, caramelos y regalos entre los niños.
Lolita, Pitingo -con su espectáculo Soulería- o Niña Pastori son algunos de los artistas que actuarán este año en A Coruña dentro de la programación cultural que ofertará Caixa Galicia en el Teatro Colón. Esta programación incluirá desde música y danza hasta un ciclo de zarzuelas, teatro, cine infantil y el espectáculo El Libro de la Selva.

