Galicia acolle do 26 de xuño ao 1 de xullo o Campionato de Europa de Augas Tranquilas de piragüísmo. Un total 479 deportistas provintes de 35 estados de toda Europa daranse cita nas instalacións de Verducido, en Pontevedra. Aproveitando a repercusión internacional deste evento, as consellarías de Cultura e Deporte e de Innovación e Industria realizaron unha serie de anuncios televisivos para promover a imaxe de Galiza en todo o mundo.
Tomadas desde o aire, os anuncios amosan diversas paisaxes do noso país mediante imaxes suxerentes. A idea da campaña céntrase na relación de Galiza coa auga: dos ríos, das praias, dos acantilados, dos deltas fluviais, etc. “Galicia, spirit of water”, “Galicia, sprit d’eau” e “Galicia, espírito de auga” son os os lemas destes anuncios que poderán seguir millóns de telespectadores en todo o mundo.
Os anuncios emitiranse durante a retaransmisión das probas finais durante a fin de semana (sábado e domingo) e poderán chegar a millóns de persoas. As probas van ser televisadas de maneira íntegra e simultánea ao través das canles internacionais da TVG: Galicia TV Europa con difusión en todo o territorio continental mediante satélite de acceso libre; e Galicia TV América, con cobertura en todo o continente agás na costa oeste dos Estados Unidos. Ademais o sinal da TVG chegará a todos os fogares españois conectados á plataforma Digital+ canle.
La Consellería de Cultura e Deporte de la Xunta de Galicia confía en que el congreso internacional Lugares de Cultura. Creatividade para o desenvolvemento, previsto entre el 21 y el 24 de enero, se aproveche para entrender las potenciales que puede tener el complejo del Monte Gaiás como lugar de cultura.
Así calificaba el vicecerrector de la USC Elías Torres la aportación de Voces Ceibes al panorama músico-social de la época que ahora se rememora a través de un concierto-homenaje de su 40 aniversario.

