Notas de prensa

A USC promove un curso de verán sobre a TDT

Tamén se abordan a televisión por Internet, a comunicación interactiva e hipermedia, os ciberdereitos e a cibercultura.

Comunicación interactiva, cibercultura, dereitos emerxentes, modelos de negocio, converxencia hipermedia e identidade son eixes conceptuais arredor dos que xira o curso de verán ‘Televisión dixital terrestre e por Internet, comunicación interactiva e hipermedia’, que se celebra do 11 ao 14 de xullo no Salón de Actos da Facultade de Ciencias da Comunicación.

O curso pretende servir de foro para a presentación e discusión de novos conceptos, ideas, experiencias e coñecementos que configuran o debate aberto na sociedade da información arredor da converxencia das novas tecnoloxías coa cultura e a ciencia, cos contidos e o coñecemento. En definitiva, sobre as posibilidades e alternativas da comunicación interactiva, sobre o novo paradigma da hipermedia, máis aló da confluencia dos multimedios, cando xa se empeza a falar das web semánticas, a experimentar coa creación virtual e con potentes buscadores ontolóxicos que “están a converter Internet nunha disputada galaxia de novas redes de intelixencia, poder e mediación social”, sinala nos organizadores do curso. A transcendencia deste marco de relacións e experiencias crúzase coa aparición, debate e formulación dos chamados ciberdereitos e coa necesidade de facer visible a través da Rede a propia cultura e identidade.

Os relatorios axudarán a abordar a problemática da converxencia dixital dende unha tripla dimensión, a tecnolóxica, a económica e a social, a través dos soportes e modelos que propician as novas formas de comunicación relacionadas cos cibermedios, comunicación móbil e interactividade, radio e televisión por internet, Web 2.0 e 3.0, creación virtual e 3D.

En total, o encontro comprende sete conferencias e catro mesas de presentación e debate sobre a posta en marcha da nova oferta de televisión dixital terrestre en Galicia, sobre a propiedade intelectual e sobre ciberdereitos, canon dixital, cibermedios e participación social, así como obradoiros sobre como crear e producir contidos para a televisión e a radio a través de Internet. A inscrición no curso dará opción á emisión dos traballos audiovisuais seleccionados dos participantes a través de Web TV e do lanzamento da primeira Canle Multimedia Virtual de Galicia en Second Life.

Gabinete de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (USC), 2007-06-28

Actualidad

Foto del resto de noticias (ciudad_cultura_torres_1.jpg) La Consellería de Cultura e Deporte de la Xunta de Galicia confía en que el congreso internacional Lugares de Cultura. Creatividade para o desenvolvemento, previsto entre el 21 y el 24 de enero, se aproveche para entrender las potenciales que puede tener el complejo del Monte Gaiás como lugar de cultura.
Foto de la tercera plana (usc_homenaje_voces_ceibes_p.jpg) Así calificaba el vicecerrector de la USC Elías Torres la aportación de Voces Ceibes al panorama músico-social de la época que ahora se rememora a través de un concierto-homenaje de su 40 aniversario.

Notas

A Rede Neurona está formada por 17 plataformas tecnolóxicas sectoriais e agrupa a máis de mil empresas dos principais sectores da economía galega. Enténdese como un exemplo na implantación da innovación exportable a outras rexións.
Punta Arnela convírtese nun ruxe-ruxe de motores xa que alí vai ter lugar a 14º edición do Slálom Fimo, última das probas destas características patrocinada polo Concello e organizada pola Escudería Automobilística Ferrol do ano.

Editorial

Algo falla en Internet: En Galicia algo falla cando en Internet retrocedemos en lugar de avanzar. ...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información