Notas de prensa

Galicia está preparada para a transición da televisión analóxica á TDT

O Grupo de traballo, promovido pola Secretaría Xeral de Comunicación da Xunta de Galicia, analizou o plan de cese de emisións de televisión con tecnoloxía analóxica.

O Grupo de Traballo para o desenvolvemento da TDT en Galicia reuniuse en Santiago para debater o plan de cese de emisións de televisión con tecnoloxía analóxica e concluíu que todo está preparado para a transición á televisión dixital. Na reunión, presidida polo director xeral de Comunicación Audiovisual, Manuel José Fernández Iglesias, e na que participa o subdirector xeral de Infraestructuras e Normativa Técnica da Dirección Xeral de Telecomunicacións do Ministerio de Industria, Ricardo Alvariño Álvarez, debateuse o plan de cese de emisións de televisión con tecnoloxía analóxica. Este plan persegue proporcionar un marco de actuación para o cese coordinado das emisións de televisión analóxica, garantindo a menor incidencia posible nos cidadáns.

O plano artéllase a través de proxectos de transición, priorizados e planificados temporalmente, focalizados en áreas xeográficas –chamadas áreas técnicas– cubertas por un centro principal de emisión, os centros reemisores que tomen o sinal primario do devandito centro, e os centros de menor entidade e microreemisores rurais que dependen destes centros.

En Galicia, definíronse seis proxectos de transición vinculados aos seis grandes centros de Retegal en Galicia, correspondentes ás áreas técnicas de Ares, Domaio, Meda, Ourense Leste, Páramo e Santiago-Pedroso. Os primeiros proxectos en rematar serán os de Santiago e Ourense Leste no primeiro semestre do 2009, e o último será o de Páramo, na provincia de Lugo, en abril de 2010. A execución do plan farase de xeito coordinado polo Ministerio de Industria, Turismo e Comercio; a Secretaría Xeral de Comunicación, o operador público galego Retegal, e o resto dos operadores de ámbito estatal.

Os proxectos de transición consisten en despregar todas as estacións de TDT con cobertura na área técnica e comprobar que polo menos se iguala a cobertura analóxica anterior; adaptar as instalacións receptoras de televisión nos fogares e comprobar que todos os fogares teñen receptor de TDT; e realizar campañas de comunicación locais informando sobre a data de apagado das emisións analóxicas, intensificando as actuacións a medida de que se vai achegando a data efectiva de apagado.

Neste plan intégrase tamén o proxecto piloto de transición á televisión dixital na Fonsagrada, que rematará co cese das emisións nese concello a finais de marzo do 2008. Este proxecto, que xa se está a estudar como referencia noutras comunidades autónomas e no Ministerio competente, ten como obxectivo principal acadar un marco real de actuación para garantir o éxito da implantación definitiva da TDT en toda Galicia.

A Fonsagrada é o concello máis extenso de Galicia e ten un perfil xeográfico e poboacional perfectamente extrapolable á meirande parte do país. O plan piloto permitirá estudar a resposta ao cambio da poboación no eido rural, como se lles informa, que apoio será necesario proporcionar para facilitar o acceso á nova tecnoloxía e a dispoñibilidade de receptores e técnicos competentes para a adaptación das instalacións dos fogares.

O grupo de traballo para o desenvolvemento da TDT en Galicia está coordinado pola Secretaría Xeral de Comunicación a través da Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual. Neste grupo participan o Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, os técnicos da Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual, as corporacións locais a través da FEGAMP, a Escola de Enxeñeiros de Telecomunicación da Universidade de Vigo, o Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicacións, os operadores de telecomunicacións Abertis Telecom e Retegal, os fabricantes galegos Tredess, Egatel e Itelsis, os instaladores de infraestruturas de telecomunicación, os concesionarios de televisión galegos, e os usuarios.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2007-06-25

Actualidad

Foto del resto de noticias (ciudad_cultura_torres_1.jpg) La Consellería de Cultura e Deporte de la Xunta de Galicia confía en que el congreso internacional Lugares de Cultura. Creatividade para o desenvolvemento, previsto entre el 21 y el 24 de enero, se aproveche para entrender las potenciales que puede tener el complejo del Monte Gaiás como lugar de cultura.
Foto de la tercera plana (usc_homenaje_voces_ceibes_p.jpg) Así calificaba el vicecerrector de la USC Elías Torres la aportación de Voces Ceibes al panorama músico-social de la época que ahora se rememora a través de un concierto-homenaje de su 40 aniversario.

Notas

A Rede Neurona está formada por 17 plataformas tecnolóxicas sectoriais e agrupa a máis de mil empresas dos principais sectores da economía galega. Enténdese como un exemplo na implantación da innovación exportable a outras rexións.
Punta Arnela convírtese nun ruxe-ruxe de motores xa que alí vai ter lugar a 14º edición do Slálom Fimo, última das probas destas características patrocinada polo Concello e organizada pola Escudería Automobilística Ferrol do ano.

Editorial

Algo falla en Internet: En Galicia algo falla cando en Internet retrocedemos en lugar de avanzar. ...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información