O Sindicato Labrego Galego presentou en Ribadavia a súa candidatura para as eleccións ao Consello Regulador do Ribeiro. A lista do SLG vai encabezada por un vitivinicultor de Cenlle, Xurxo Álvarez Pérez, que será vocal do Consello; e a quen acompañan, como suplentes: Francisco Alonso Fernández, Felicita
Touza, Etelvino González e José Jaime Gil.
A candidatura do Sindicato Labrego vai ser a garantía de que, a partir do 1 de xullo, o Consello Regulador do Ribeiro defenda tamén os intereses de viticultores e viticultoras, así como os das pequenas adegas; e garantía, tamén, dunha aposta inequívoca pola calidade. Unha boa mostra disto é o programa de demandas que o Xurxo Álvarez defenderá, en nome do Sindicato Labrego, no seo do Consello Regulador do Ribeiro:
• Control estricto da uva e do viño no Ribeiro, incluíndo controis de campo en viñas.
• Seguimento e combate á publicidade enganosa nos puntos de venda.
• Profesionalización do Consello Regulador, coa inclusión da xerencia e asunción de competencias polo Pleno.
• Plan de promoción e comercialización dos viños do Ribeiro.
• Apoio Técnico ás adegas de colleiteiro.
• Apoio por parte do Consello Regulador á Mesa do Viño.
• Posta en marcha de iniciativas e axudas en favor da reconversión varietal no Ribeiro.
• Apoio ás medidas estructurais na explotación da terra (Rexistro Vitícola, Banco de Terras, concentracións parcelarias, etcétera).
• Separar o control de produción do control da elaboración, non optando nunca pola privatización.
• Separar o control da certificación, sendo exclusivamente o Instituto Galego de Calidade Alimentaria (INGACAL) quen emita as etiquetas.
• Debater co sector o orzamento e a estratexia de promoción.
• Elección do presidente ou presidenta: será democrática e terá preferencia a persoa que sexa do sector, aínda que non sexa vocal. O pleno tomará a decisión.
• Incluír nos consellos a unha persoa, con voz e sen voto, representando consumidores e consumidoras.
• Non permitir productos obtidos con organismos manipulados xeneticamente.
• Establecer e favorecer prácticas sustentábeis, limitando o emprego de químicos, creando un listado de produtos prohibidos, etcétera.
• Medidas de control nos mercados para garantir que non existen residuos no produto final.
La Consellería de Cultura e Deporte de la Xunta de Galicia confía en que el congreso internacional Lugares de Cultura. Creatividade para o desenvolvemento, previsto entre el 21 y el 24 de enero, se aproveche para entrender las potenciales que puede tener el complejo del Monte Gaiás como lugar de cultura.
Así calificaba el vicecerrector de la USC Elías Torres la aportación de Voces Ceibes al panorama músico-social de la época que ahora se rememora a través de un concierto-homenaje de su 40 aniversario.

