Notas de prensa

Presentado o Salón da Prevención e a Seguridade Laboral: Previsel

Celébrase en Expourense os días 1 e 2 de xuño. A Consellería de Traballo insta ás empresas a asumir o seu papel como motor da prevención.

A Consellería de Traballo instou ás empresas a “asumir o seu papel como motor de prevención”. Con ocasión da presentación do Salón da Prevención e a Seguridade Laboral (Previsel), que dá comezo o venres 1 de xuño en Expourense, a delegada de Traballo na provincia, Carmen Rodríguez Dacosta, subliñou que os medios para a prevención da sinistralidade laboral non poden quedar soamente na sanción, senón que precisan da implicación dos axentes socias e económicos e de toda a sociedade.

“As empresas deben asumir o seu papel como motor da prevención no seu seo”, defendeu, “e por iso este salón dedica unha parte moi especial ás súas iniciativas, e á problemática que xorde na posta en práctica da prevención integrada dentro das mesmas”.

Para reducir a sinistralidade laboral, argumentou, hai que actuar “non unicamente con instrumentos coercitivos”. Ao seu xuízo, a Lei de Prevención de Riscos Laborais “e a lóxica” apuntan a que só “unha extensión moi ampla da cultura preventiva e unha implicación fonda de todos os intervintes” poden contribuír a camiñar cara a unha necesaria redución da accidentalidade, así coma dos costes sociais, económicos e empresariais que se producen.

Neste senso, a delegada de Traballo en Ourense cualificou como “importantísimo” o diálogo social, que xa deu como froitos os acordos referentes ao Plan Estratéxico de Prevención de Riscos Laborais e a Lei de creación do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA).

Non obstante, precisou que “tamén son importantísimas” iniciativas como Previsel, para fomentar a cultura preventiva e “estender tanto o coñecemento da normativa e das súas implicacións, como os medios técnicos para poder levar a cabo o traballo coa prevención integrada, tal e como marca a lexislación”.

Así pois, Rodríguez Dacosta salientou que o Salón da Prevención e a Seguridade Laboral conta coa presenza de empresas de diversos sectores produtivos que amosan a súa visión da prevención, así como de empresas especializadas en medios técnico-preventivos. O certame inclúe tamén representación de servizos de prevención alleos, e ten prevista a participación dos representantes dos traballadores, dos empresarios e da Administración.

A responsable da Consellería de Traballo en Ourense manifestou a intención deste departamento da Xunta, que cofinancia a feira, de “aproveitar o máximo posible un salón enfocado tanto aos traballadores como aos empresarios, ademais de ás persoas de próxima incorporación ao mercado laboral”. “Este salón aproveita, así mesmo, a simultaneidade coa feira do transporte para abordar cuestións relacionados co devandito sector e coa seguridade viaria, fonte de moitos sinistros laborais”, apuntou.

Na presentación de Previsel participaron ademais Alejandro Rubín e Francisco Rodríguez, en representación das entidades organizadoras do salón, Expourense e a Confederación de Empresarios de Ourense, respectivamente.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Traballo da Xunta de Galicia, 2007-05-30

Actualidad

Foto del resto de noticias (citroen_c4.jpg) La crisis en el sector de la automoción no sólo afecta a la fabricación. Los concesionarios oficiales de PSA Peugeot-Citroën de Galicia redujeron sus ventas en un 36% debido a la crisis económica que afecta al sector de la automoción, aunque los servicios de post-venta -talleres de reparación- no experimentaron un impacto tan directo.
Foto de la tercera plana (eugene_smith_2.jpg) La sede de la Fundación Caixa Galicia en A Coruña acogerá hasta el próximo mes de febrero la presentación de la exposición W. Eugene Smith. Más real que la realidad, una amplia selección del trabajo más destacado de quien es considerado uno de los padres fotoperiodismo.

Notas

O campión olímpico, quen agradeceu a colaboración do equipo galego, explicou que fará o camiño entre os días 12 e 16 de outubro. David García, do Xacobeo Galicia, asegurou que fixo o Camiño e se cumpriron seus desexos.
Durante nueve días la ciudad vivirá los festejos en honor de su patrón con actividades que atraen a cientos de miles de visitantes. El programa incluye la actuación de 24 artistas de reconocido prestigio.

Editorial

Respectar o Parlamento: Nós, pobo, respectamos o Parlamento de Galicia como a primeira institución ...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información