Notas de prensa

Luxemburgo acolle ata o 15 de xullo unha exposición sobre o Camiño de Santiago e a Peregrinación na Idade Media

O director xeral de Turismo, Rubén Lois, e mais o xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, Ignacio Rodríguez Eguíbar, asistiron ao acto inaugural da mostra Europa foi Camiño, que se pode visitar no Musée Villa Romaine de Luxemburgo e que repasa a historia das peregrinacións na Galiza medieval.

O director xeral de Turismo, Rubén Lois, e mais o xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, Ignacio Rodríguez Eguíbar, asistiron ao acto inaugural da mostra ‘Europa foi Camiño’ que se celebrou no Musée Villa Romaine de Echternach en Luxemburgo. Ata o día 15 de xullo poderase visitar esta mostra organizada pola Fundación ‘La Caixa’ en colaboración coa S.A. de Xestión do Plan Xacobeo da Consellería de Innovación e Industria.

Despois de percorrer varias cidades españolas, a mostra, subtitulada ‘A peregrinación a Santiago na Idade Media’ chega a Luxemburgo para amosar este percorrido pola historia, a tradición, a cultura e a vida cotiá dos homes e mulleres que ao longo dos séculos fixeron do Camiño a Compostela unha das vías principais de intercambio de produtos, costumes e correntes artísticas e culturais.

A exposición

O proxecto expositivo inaugurado polas autoridades locais e mais polo Secretario Xeral da Fundación ‘La Caixa’, Lluís Reverter, acompañados do responsable de turismo da Xunta de Galicia e mais do xerente do Xacobeo combina diversas linguaxes expositivas. Ademais da reprodución de códices, mapas e obxectos arqueolóxicos, o visitante atopa reconstrucións rigorosas de ambientes medievais, nos que os diferentes elementos se combinan para ilustrar a vida nas etapas do Camiño. Unha selección de textos históricos, relixiosos e literarios, a ambientación musical e os efectos olfactivos contribúen a introducir ao espectador no contexto. A exposición fai reflexionar ao visitante sobre os motivos que deron lugar á orixe das peregrinacións a Compostela e sobre os factores que contribuíron á súa consolidación malia as dificultades e complicacións que implicaba peregrinar na Idade Media.

‘Europa foi Camiño’ exhíbese por vez primeira fóra da Península Ibérica e viaxa ata Luxemburgo para conmemorar a distinción á cidade de Capital Europea da Cultura 2007. Tras o acto de inauguración oficial tivo lugar un percorrido pola mostra e posteriormente a basílica de Echternach acolleu un concerto da Capella Reial de Catalunya dirixida por Jordi Savall.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia, 2007-05-26

Actualidad

Foto del resto de noticias (ciudad_cultura_torres_1.jpg) La Consellería de Cultura e Deporte de la Xunta de Galicia confía en que el congreso internacional Lugares de Cultura. Creatividade para o desenvolvemento, previsto entre el 21 y el 24 de enero, se aproveche para entrender las potenciales que puede tener el complejo del Monte Gaiás como lugar de cultura.
Foto de la tercera plana (usc_homenaje_voces_ceibes_p.jpg) Así calificaba el vicecerrector de la USC Elías Torres la aportación de Voces Ceibes al panorama músico-social de la época que ahora se rememora a través de un concierto-homenaje de su 40 aniversario.

Notas

A Rede Neurona está formada por 17 plataformas tecnolóxicas sectoriais e agrupa a máis de mil empresas dos principais sectores da economía galega. Enténdese como un exemplo na implantación da innovación exportable a outras rexións.
Punta Arnela convírtese nun ruxe-ruxe de motores xa que alí vai ter lugar a 14º edición do Slálom Fimo, última das probas destas características patrocinada polo Concello e organizada pola Escudería Automobilística Ferrol do ano.

Editorial

Algo falla en Internet: En Galicia algo falla cando en Internet retrocedemos en lugar de avanzar. ...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información