Cincuenta estudantes de ensino medio de toda Galicia participaron o día 29 de marzo na Facultade de Física na Master Class de Partículas Elementais que, no seu terceiro ano de celebración, pretende aproximar aos mozos europeos á ciencia. A clase maxistral contou con dúas conferencias introdutorias sobre as principais preguntas da Humanidade que tenta contestar a Física de Partículas, de que están feitas as cousas e cales son os constituíntes da materia e cal e a orixe do Universo.
A continuación, a Facultade de Física acolleu unha práctica na que os estudantes identificaron as partículas que aparecen en rexistros realizados en detectores. Esta práctica levouse a cabo simultaneamente en varios centros de Europa e os resultados obtidos fóronse comunicando e intercambiando por videoconferencia.
Este ano asistiron alumnos dos Institutos Rosalia de Castro e Sar, de Santiago; Antón Losada e García Barros, da Estrada; Felix Muriel, de Rianxo; As Lagoas, de Ourense; Ames; Ponteceso; Numero 1 de Ordes; Cee; e Alfredo Brañas, de Carballo. En Europa participaron conxuntamente coa USC diversas Universidades europeas como a de Bonn, Mons ou Cracovia, entre outras, conxuntamente co Centro Europeo de Partículas Elementais (CERN) e o Laboratorio Nacional americano de Brookhaven. A coordinación na USC correspondeulle aos profesores Jaime Alvarez Muñiz, Juan José Saborido e Carlos Pajares, coa colaboración de Víctor Olmos e Ines Valiño e do Servizo de Medios Audiovisuais (SERVIMAV) da USC.
Bajo el título Voluntarios de Argentina en la Guerra Civil Española se presentó un libro en el Museo de la Emigración Gallega en Buenos Aires en el que se recogen historias de voluntarios que se enrolaron en el ejército republicano y en las brigadas internacionales durante la contienda española.

