Notas de prensa

The mother’s house e Ainda ha pastores?, gañadores de Play-Doc en longametraxes e curtas

A girl named Kai e I wnat to tobe a pilot reciben ex-aequo o Premio Atlántico. Na categoría Foco Galego o premio recaeu en Bs.As, de Alberte Pagán, mentras o Play Avid Doc foi para Historias de la línea azul.

A alta calidade dos documentais que entraron a concurso na terceira edición de Play-Doc, o Festival Internacional de Documentais de Tui, é un dos aspectos destacados polo xurado deste ano integrado por Goran Radovanovic, Dominique Abel, Ana Isabel Santos Strindberg, Sebastián Talavera Serrano e Pepe Coira, quen exerceu de presidente do mesmo.

O documental “The mothers’s house” de François Verster foi o gañador na categoría de Longametraxes “pola sutil mirada coa que observa, até conmovernos, unha historia complexa, inzada de ira, odio e tenrura” sinala o xurado. O premio está dotado con 3.000€ e o trofeo de Play-Doc obra do tudense Juan Vázquez. Nesta categoría o xurado concedeu tamén dúas mencións especiais a “An ordinary family” de Fredik Gertten por “abordar un fénomeno clave: a desaparición da clase media” e a “Sisters in law” de Kim Longinoto e Florence Ayisi polo valor de “dar a coñecer un primeiro paso, que era tan urxente de tomar, polo que unhas mulleres acadan a autoridade de xulgar”.

En Curtametraxes o xurado concedeu o premio ex-aequo a “A girl named Kai” de Kai Ling Xue e a “I want to be a pilot” de Diego Quemada-Díez por “saber usar o cine para facer que as dificultades dos outros non nos sexan alleas”. Recibirán cada unha 500€ e o trofeo Play-Doc.

En Atlántico, onde compiten producións galegas e portuguesas, o premio de 2 mil € e trofeo foise para “Ainda ha pastores?” de Jorge Pelícano ao considerar o xurado que é “unha película feita dende o corazón e que gardará memoria dun mundo que desaparece”.

O xurado do festival quixo amais expresar o seu recoñecemento a Play-Doc polo “grao de profesionalidade e compromiso que se atopa no equipo organizador do festival”, engadindo que “eles son responsables do singular ambiente que aquí se respira” e que din “se resume en que o auténtico protagonista do evento é o público”.Nota

No acto de entrega de Premios, celebrado esta tarde no Teatro Municipal de Tui, tamén se outorgaron outros tres galardóns.

O Consorcio Audiovisual de Galicia concedeu a “Bs.As” de Alberte Pagán o premio Foco Galicia para documentais galegos dotado con 2 mil euros.

O Premio Especial TVG consistente no compromiso de compra por parte da Televisión de Galicia dos dereitos de emisión recaiu en “Sisters in law” .

E por último premio Play Avid Doc no que competiron cinco equipos que grabaron durante o festival un documental sobre a fronteira, foise para os irmáns Joaquín e Lautaro Mateo Morales. Play-Doc e Avid POR “Historias de la línea azul”.

Prensa_Play-Doc, 2007-03-25

Actualidad

Foto del resto de noticias (reyes_magos_carroza_melchor.jpg) Las cuatro provincias gallegas celebran la festividad de Reyes. Melchor, Gaspar y Baltasar, gracias a su "mágico talento", visitaron simultáneamente los pueblos y las ciudades de A Coruña, Ourense, Lugo y Pontevedra, repartiendo ilusión, caramelos y regalos entre los niños.
Foto de la tercera plana (lolita_portada_madre.jpg) Lolita, Pitingo -con su espectáculo Soulería- o Niña Pastori son algunos de los artistas que actuarán este año en A Coruña dentro de la programación cultural que ofertará Caixa Galicia en el Teatro Colón. Esta programación incluirá desde música y danza hasta un ciclo de zarzuelas, teatro, cine infantil y el espectáculo El Libro de la Selva.

Notas

Os artesáns e obradoiros artesáns interesados en participar deberán presentar as súas candidaturas entre o 1 e o 18 de abril de 2009 na Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño.
A USC, a través desta oficina, coordina o aloxamento en familias compostelás dos estudantes extranxeiros que participan nos cursos internacionais tanto en verán coma no resto do ano.
AGENDA
Agenda de Galicia Digital
BUSCADOR


Editorial

Matrimonios de conveniencia: O matrimonio libre entre dúas persoas, legal e materialmente, é o froito dun...
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información