Notas de prensa

Presentados os Premios Moce como ferramenta para a difusión da cultura emprendedora

Pastor Fuenteseca participou na presentación da II edición dos premios “MOCE” (Módulo Ocupacional de Creación de Empresas), que tivo lugar na Fundación Caixa Galicia en Santiago.

O director xeral de Formación e Colocación da Consellería de Traballo, Pastor Fuenteseca, defendeu a convocatoria dos premios MOCE (Módulo Ocupacional de Creación de Empresas) como unha ferramenta máis para a difusión e divulgación da cultura emprendedora e creación de empresas entre a sociedade galega. Fuenteseca participou na presentación da II edición destes premios promovidos pola Fundación Ronsel e que contan coa colaboración da Consellería de Traballo.

O director xeral destacou o valor destas distincións non só pola difusión do emprendemento senón tamén “pola importancia das actividades de acompañamento e de seguimento posterior que supón para os emprendedores”. Fuenteseca explicou que os premiados con esta distinción contan co apoio e titorización durante a posta en marcha e os primeiros meses de vida da iniciativa emprendedora.

O representante da Consellería de Traballo recordou que os premios MOCE foron promovidos pola Fundación Ronsel, e que contan coa colaboración do departamento que dirixe Ricardo Varela, xa que “facilitamos formación, recursos humanos e técnicos para posta en marcha das iniciativas de autoemprego a todos os alumnos que participan nun curso de formación ocupacional”.

Pastor Fuenteseca apuntou que “as actividades que se alzan con estes galardóns caracterízanse por ser iniciativas novidosas, atractivas e con viabilidade”, aseguro.

O representante da Consellería de Traballo sinalou que no pasado ano, “presentáronse a estes premios un total de 98 proxectos e máis do 50% pasaron a fase de preselección”. “Ademais 18 destes proxectos presentados ao longo de 2006 están en funcionamento”, declarou Fuenteseca.

Para rematar, o director xeral de Formación e Colocación asegurou que coa convocatoria da segunda edición dos premios MOCE, “avanzamos un paso máis de cara a consolidación destes galardóns e en consecuencia, da consolidación da cultura do emprendemento”, concluíu.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Traballo da Xunta de Galicia, 2007-02-27

Actualidad

Foto del resto de noticias (ciudad_cultura_torres_1.jpg) La Consellería de Cultura e Deporte de la Xunta de Galicia confía en que el congreso internacional Lugares de Cultura. Creatividade para o desenvolvemento, previsto entre el 21 y el 24 de enero, se aproveche para entrender las potenciales que puede tener el complejo del Monte Gaiás como lugar de cultura.
Foto de la tercera plana (usc_homenaje_voces_ceibes_p.jpg) Así calificaba el vicecerrector de la USC Elías Torres la aportación de Voces Ceibes al panorama músico-social de la época que ahora se rememora a través de un concierto-homenaje de su 40 aniversario.

Notas

A Rede Neurona está formada por 17 plataformas tecnolóxicas sectoriais e agrupa a máis de mil empresas dos principais sectores da economía galega. Enténdese como un exemplo na implantación da innovación exportable a outras rexións.
Punta Arnela convírtese nun ruxe-ruxe de motores xa que alí vai ter lugar a 14º edición do Slálom Fimo, última das probas destas características patrocinada polo Concello e organizada pola Escudería Automobilística Ferrol do ano.

Editorial

Algo falla en Internet: En Galicia algo falla cando en Internet retrocedemos en lugar de avanzar. ...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información