A cidade de Vigo acolle os días 16 be 17 de marzo o Campionato de España de Grupos de Show, no que os clubs galegos intentan demostrar que son unha potencia nesta nova modalidade de patinaxe. Tivo lugar o acto de presentación do campionato ao que asistiron a delegada provincial da consellería de Cultura e Deporte, Marta Souto, a concelleira de Deportes do Concello de Vigo, Lucía Molares, Jorge Santos, en representación de Caixanova, e o vicepresidente da Federación Galega de Patinaxe, Julio Sanz, ademais dos representantes do club Carpa, o organizador do evento.
No acto de presentación, o presidente do Carpa, Carlos Covelo, explicou que pediran a organización do torneo para poñer un broche de ouro á celebración do 25 aniversario do club. Neste senso, Marta Souto felicitou ao Carpa polo traballo destes 25 anos traballando con rapaces e rapazas galegas e animoulles a seguir nesa liña de actuación. Con respecto a esta modalidade de patinaxe, a delegada provincial manifestou que “é un teatro sobre rodas, e esa conxunción é especialmente significativa para a nosa consellería de Cultura e Deporte. Estou segura de que nos van a deleitar coas súas coreografías, piruetas e saltos”.
Galicia está moi ben representada neste campionato con seis actuacións entre as dúas modalidades: grupos pequenos (de 6 a 12 patinadores) e grandes (máis de 12). Nesta competición participarán máis de setecentos deportistas representando a 11 comunidades autónomas.
La Consellería de Cultura e Deporte de la Xunta de Galicia confía en que el congreso internacional Lugares de Cultura. Creatividade para o desenvolvemento, previsto entre el 21 y el 24 de enero, se aproveche para entrender las potenciales que puede tener el complejo del Monte Gaiás como lugar de cultura.
Así calificaba el vicecerrector de la USC Elías Torres la aportación de Voces Ceibes al panorama músico-social de la época que ahora se rememora a través de un concierto-homenaje de su 40 aniversario.

